Hábitos de vida saudable
Píldoras informativas para cambiar os teus hábitos
Actividade física no lugar de traballo
Neste vídeo contámosche a importancia crucial da actividade física na contorna laboral, especialmente se temos en conta que as personas traballadoras pasan moitas horas sentadas ou concentradas. O noso corpo necesita movemento, e a inactividade prolongada pode provocar molestias, cansazo, falta de motivación, dor de costas e de pescozo, e incluso un maior risco de problemas de saúde a longo prazo.
Hábitos alimentarios e descanso en días laborais
No seguinte vídeo explicámosche como os teus hábitos alimentarios e o teu descanso inflúen directamente na túa enerxía e produtividade no traballo. Dámosche consellos para evitar o cansazo aplicando pequenos cambios na túa rutina diaria, así como claves para optimizar a túa xornada laboral.
Benestar emocional no entorno de traballo
Nunha última animación amosamos por que o benestar emocional é un piar fundamental no ámbito laboral, e non só unha simple tendencia. A acumulación de estrés laboral pode afectar seriamente á saúde das persoas e ó éxito da organización.
Proxecto financiado pola Xunta de Galicia en colaboración coa CEG